A Burata da Moura está a menos de 300 metros do actual lugar de Xinzo de Eiras, a carón do Castro Martiño.
A unos 35 metros al Norte del castro hay una pía a modo de sepulcro, que llaman “A Burata da Moura”. Está orientada en sentido SE-NO. Mide 2 metros de largo por 0,50 metros de ancho al NO. y 38 cmts. al SE. Su profundidad máxima es de 12 cms. En una esquina está desmochado el peñasco… En el lateral Oeste hay tres coviñas.
As medidas fan pensar nun sepulcro, pero poderiamos pensar no intento de construción dun sepulcro medieval nun espazo ritual ancestral, inmediato a un castro. Os espazos sacros soen ser reutilizados e reinterpretados durante milenios.
A profundidade do oco non fai posible a súa utilización como enterramento. A ausencia doutros enterramentos nese lugar e as tres coviñas citadas por Seara e Cabo -que trazan unha liña paralela ao oco ao Suroeste do mesmo e non poden ser de procedencia medieval- reafirmarían esta hipótese.
O Castro Martiño é un poboado que pode relacionarse cos recursos minerais da contorna, entre finais da Idade do Bronce e a Idade do Ferro. Trátase dun óvalo orientado de nordeste a suroeste, cunha superficie intramuros cercana ás dúas hectáreas. As estruturas son difíciles de ver, pero aínda podemos adiviñar algúns muros, terrapléns ou foxos polos límites do parcelario. As defensas cara o oeste son naturais, con unha forte pendente cara o val do regueiro de Farcixo.
Falaban os veciños de Xinzo dunha moura convertida en serpe que habitaba nunha mina no Castro Martiño, hoxe coa boca atuada. Podería deberse a esta mina o nome da “Burata“.
A serpe seica era tan longa que chegaba ata a “Ciudá”, aclarando aqueles veciños informantes que a “Ciudá” era o cumio do Santrocado, a un quilómetro de distancia e a maior altitude (550 m.), onde tamén hai un castro.
Se damos por válido que en algún momento os poboados máis pequenos estarían subordinados a outro de entidade maior, observamos que neste caso o título de “ciudá” -cidade- estaría representado polo castro de maior altitude, O Santrocado, aínda que non polo de maior superficie, que sería Lambrica, chamada tamén “A Ciudá“.
Unha solución salomónica a esta dicotomía podería ser a consideración de que Lambrica e o Santrocado forman parte da mesma entidade política-relixiosa, xa que a citania de Lambrica non ten visibilidade cara a zona meridional, onde se sitúa a maior altura do Coto do Santrocado, que mantén o privilexio da observación do val do río Miño. Ademais, o Santrocado continúa aínda hoxe exercendo certa influencia relixiosa nas xentes da contorna, manifestada na romería do Santrocado, cada 15 de maio, polas catro parroquias que teñen participación no monte.
Pra complementar a teoría anterior, non deixa de chamar a atención que a citania de Lambrica, coa súa extensión e importancia, non tivese -como pasa na maioría dos castros de certa entidade- ningunha capela que cristianizara o lugar. Esa capela está na cima do Coto do Santrocado.