XXIV. Os traballos dos avós

Estas vellas fotografías reflicten algúns momentos dos traballos, e tamén dos descansos, na vida dunha aldea galega a mediados do século pasado. Aínda parece que foi onte, pero os aparellos empregados e as técnicas de traballo non eran moi diferentes aos de épocas prerromanas.

A fotografía do encabezado é de Luís González Suárez, entre 1983 e 1984. As seis fotos seguintes foron feitas na década dos 50 por Luís Gonzalez Iglesias, nos arredores da Reguenga e Tralorrío, inmortalizando en fermosas instantáneas as xentes e os traballos propios da vida rural naqueles tempos.

Os que xa temos certa idade podemos afirmar que coñecemos, dalgunha maneira, os modos de vida tradicionais, milenarios, tan próximos á natureza e á terra, e os modos de vida máis modernos, moitos deles tan inútiles como contaminantes. Ambos teñen cousas boas e malas. Quedémonos coas mellores de cada un deles, pois é necesario, agora máis que nunca, conciliar modernidade e natureza.

1 comentario en “XXIV. Os traballos dos avós”

  1. Interesantes fotografías que ayudan a conocer la vida rural de A Regenga, Tralorío y sus alrededores arredor do Ribeiro nos anos 50′ do seculo pasado.

    Responder

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario