XXI. A batalla de Rande nos libros parroquiais de Eiras

A batalla de Rande desenvolveuse no estreito do mesmo nome e na enseada de San Simón, na ría de Vigo, en outubro de 1702. Os anglo-holandeses enfrontáronse aos hispano-franceses no contexto da guerra de Sucesión española, na que se dirimía o acceso á vacante do trono deixada pola morte de Carlos II, o Enfeitizado

O resultado da guerra de Sucesión levará á firma dos tratados de Utrecht e Rastadt en 1713 e 1714, respectivamente. A partir de aquí xa non haberá competencia aos Borbóns para ostentar o título de reis de España, sendo o primeiro Filipe V, neto de Luís XIV de Francia, o Rei Sol.

En 1702, a Frota de Indias procedente da Habana dirixíase cun importante cargamento a Cádiz, pero foi informada de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa os agardaba no cabo de San Vicente. Deciden desviarse cara a ría de Vigo para buscar refuxio. Descargan mercadorías en carros e obstrúen como poden o paso de Rande con todo tipo de obstáculos. 

O 2 de outubro os ingleses descubren os feitos e dirixen a súa escuadra cara a ría de Vigo, na que entran cara o día 20. Do que alí pasou infórmanos, curiosamente, o abade de Santa Uxía de Eiras, don Domingo Colleda La Fuente, que escribe nos libros parroquiais o seguinte texto :

“En veinte de octubre del año de mil seteztos. y dos días domingo alas doze del día entró en la playa de Vigo Una armada formidable de Ingleses, y Olandeses hasta duzientos bajeles, y ancoraron mas arriba enfrente el Castille de Ranyte. El día lunes inmediato alas seis de la mañana saltaron en tierra, y desprendieron una cadena o ¿regaro heido? de vigas y arboles e navíos que, atrabesaba la ría que mira a Redondela y ganaron assi mismo dho castillo con muerte de algunos franceses, que estaban enel de guarnición. Hechas estas diligencias trabaron batalla naval con veinte y tres navios de guerra franceses que estaban al abrigo dela dha ria con otros diezinueve de carga enque avía venido la flota de Nueba España, y ellos la avían emboyado. Peleose valerosamente hasta que oprimidos dela multitud de enemigos y los franceses nuestros aliados dieron fuego atodos sus bageles, y lo mismo se fixo a los de la flota que aun estaban cargados dela hazienda que avian traydo (menos el tesoro el que ya se avia trasportado a Lugo en mil y quinientos carros) perdiendose muchos millones assi en la mar, como en Redondela que entraron a saco los enemigos, y profanaron como herejes la iglesia y convento de aquella villa, que ya estava desamparado de las Religiosas, Lebanto velas la armada el dia seis de noviembre. Dios Nuestro Señor sea bendito, y nos de Paz. Amén.” 

(Transcrición de J. RICARDO RODRÍGUEZ PÉREZ, “sic con interrogantes e dúbidas“)

Non deixa de ser chamativo que nunha aldea da Galiza interior se soupera con tanto detalle sobre os sucesos de Rande, cando aínda non existía o Faro de Vigo, e que o seu abade se molestara tanto en rexistralo nos libros parroquiais.

A batalla da bahía de Vigo. Ludolf Backhuysen (imaxe obtida na Wikipedia)

RODRÍGUEZ PÉREZ fálanos da posible existencia de testemuñas presenciais da parroquia de Eiras, citando a unha monxa do convento da Purificación de Redondela, Clara Tizón e Cea, seica filla de Amaro Rodríguez de Cea e de María de Castro Tizón e Figueroa.


Bibliografía

AHDOU (Arquivo Histórico Diocesano de Ourense). Parroquia de Santa Uxía de Eiras: 14.5.7. Libro de Visitas, Cartas Pastorales y Cuentas de Fábrica.

RODRÍGUEZ PÉREZ JOSÉ RICARDO: “Pazos do San Amaro. Liñaxes e labras heráldicas” en Ágora do Orcellón, número 26, pp. 92-93. Instituto de Estudios Carballiñeses. Vigo. Decembro de 2013.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario