II. De Lansbrica a Lambrica, pasando por Lanóbriga

*Lansbrica é un pseudotopónimo inventado pola arqueoloxía ourensá a partir da publicación dun artigo de JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973. Segundo este autor, *Lansbrica era o antigo nome da citania de Lambrica, San Cibrao das Las e Ourantes (Ourense). O invento procede dunha lectura incorrecta, apresurada ou incompleta da ara de Eiras: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIVS RE / BVRRINVS  … Ler máis

XVII. Luís Tizón e a Casa Grande de Eiras

O 24 de agosto de 1920, día de San Bertolameu e festa na parroquia, saía para Cuba un veciño de Eiras, Luís Tizón, que nunca máis voltará á súa aldea. A “Danza dos Millóns” , o éxito de moitos dos que marcharan anteriormente e a miseria que reinaba no país animaron a este veciño da Casa Grande de Eiras … Ler máis

IV. O Paleolítico arredor de Lambrica

Táboa 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza 2. Outros achados nas cercanías 3. O Paleolítico en Lámbrica 4. Conclusións 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza No mes de outubro de 2014 foi atopada entre Eiras e Vilarderrei, dúas parroquias colindantes e pertencentes aos concellos de San Amaro e Cenlle … Ler máis

V. Os baeduos e Lambrica

Ptolomeo menciona en Xeografía, II, 6, 26 ao pobo dos baeduos, baedios ou bedyos, citando a súa capital, Flavia Lambris. BRAÑAS ABAD, GONZÁLEZ GARCÍA e PARCERO OUBIÑA, no Apéndice de Los pueblos de la Galicia céltica, afirman (páxina 535) que… “resulta complicado precisar más su ubicación, sobre la que simplemente podemos decir que se trataba de … Ler máis

VI. Frisos castrexos, serpes, relacións e datacións

Unha das facetas máis interesantes da Arqueoloxía e da Historia da Arte é a de buscar paralelismos, similitudes ou copias en todo tipo de artefactos (cerámicas, armas…) e en motivos decorativos ou artísticos, moi especialmente cando son froito de certa elaboración ou complicación. Tal acontece co fragmento de friso en granito atopado en San Cibrao … Ler máis

XII. O Castelo de Laias, un xacemento prerromano destruído pola autovía

Táboa 1. O Castelo de Laias 2. Lambrica, O Santrocado, A Barca e O Castelo de Laias 3. Laias, Lambrica, a agricultura e a autovía 4. O templo do Castelo de Laias No famoso relato do Cronicón de Hidacio dise que no ano 469 pescáronse no río Miño, a unhas cinco millas do municipio de Lais, catro peixes de … Ler máis

XV. O cruceiro da Ermida

“Cruceiros hai moitos.Pero aquil cruceiro estaba soio.Estaba no meio duns camiños, alá no monte,indo pra Fareixa. Camiños sen esquerda nin dereita:camiños que se perden na noite”. PERFECTO SULLEIRO. Cruceiro, en A Beira da Vida. Ediciós do Castro. 1988. Destronado nos inventarios da categoría de “cruceiro” porque alguén dixo que os cruceiros tiñan que ter capitel, reivindico dende … Ler máis

VIII. López Cuevillas: “La Edad del Hierro en el Noroeste (La Cultura de los Castros)”

Non hai ningunha edición recente deste pequeno libro de Florentino López Cuevillas, escrito cara a 1953. Na anteportada pon “IV Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas y Protohistóricas. Madrid, 1954″. Está escrito en castelán e, ao final do texto, contén resumos en francés, inglés e alemán. Ten 89 páxinas e conta cun anexo de oito páxinas con … Ler máis

VII. O tríscele ou trisquel de Lambrica

Táboa 1. O tríscele 2. Significado 3. Esquema do tríscele de Lambrica 1. O tríscele Esta preciosidade de peza seica formaba parte do sollado dunha construción “angular” do recinto central, na zona máis alta da citania. Foi atopado nas escavacións de X. Lorenzo Fernández en 1948, na citania de San Cibrao das Las e Ourantes, Lambrica. É propiedade … Ler máis

IX. As primeiras publicacións de Florentino López Cuevillas sobre a citania de San Cibrao das Las

Entre os anos 1924 e 1927 publicáronse nese Boletín unha serie de artigos por Florentino López Cuevillas relativos á citania de Lámbrica, o castro das Las, entre San Amaro e Punxín. Todos levan o mesmo título, como se o mesmo Cuevillas se dera conta de que falar das Las non tivera fin: A Citania do monte “A Cidade” en San Ciprián das Las. Do … Ler máis

XXII. O atraco da Bouza

O 22 de xullo de 1834, na paraxe da Bouza, veciños da parroquia de Santa Uxía de Eiras, cando ían pras súas labouras diarias, escoitaron voces e viron que intentaban asaltar a un sarxento retirado e á muller de outro militar, que levaban as pagas mensuais pra “oficiales, sarxentos, cabos e soldados daquel Partido”. Os … Ler máis

XXIII. A Fareixa

Na Fareixa podemos contemplar un espectáculo natural malogrado cunha desafortunada canteira. Unha chamativa caída de auga de máis de vinte metros que formou ao traverso de milleiros de anos unha paisaxe única, escavando a auga impresionantes puzos nas rochas, coma o chamado Meimón. Ademais da canteira, é denunciable tamén o verquido de augas fecais de todas as aldeas … Ler máis

XXI. A batalla de Rande nos libros parroquiais de Eiras

A batalla de Rande desenvolveuse no estreito do mesmo nome e na enseada de San Simón, na ría de Vigo, en outubro de 1702. Os anglo-holandeses enfrontáronse aos hispano-franceses no contexto da guerra de Sucesión española, na que se dirimía o acceso á vacante do trono deixada pola morte de Carlos II, o Enfeitizado.  O resultado da guerra de … Ler máis

XXIV. Os traballos dos avós

Estas vellas fotografías reflicten algúns momentos dos traballos, e tamén dos descansos, na vida dunha aldea galega a mediados do século pasado. Aínda parece que foi onte, pero os aparellos empregados e as técnicas de traballo non eran moi diferentes aos de épocas prerromanas. As seis primeiras foron feitas na década dos 50 por Luís … Ler máis

XX. Un retablo de Castro Canseco en Eiras

O retablo principal da igrexa de Eiras é obra de Francisco de Castro Canseco, un artista nado en Valderas (León) que traballou en Ourense, Compostela e Tui. Na provincia de Ourense destacan o retablo da capela do Santísimo Cristo na catedral, o retablo maior do mosteiro de San Rosendo de Celanova e outros traballos na propia … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario