XXVII. O portalón da reitoral

Este artigo tamén podería levar por título “O Patrimonio, en boas mans“. Grazas á protección de institucións, medios de comunicación, concelleiros e xentes importantes da parroquia, o portalón da reitoral de San Cibrao das Las, polo que fose, nunca foi recuperado.  O muro antigo da reitoral foi derrubado completamente entre finais de 2000 e principios … Ler máis

VIII. A Silla do Rei

Táboa 1. Descuberta 2. Interpretación 3. Conclusion 1. Descuberta No mesmo monte da citania de Lambrica, a Cidade da Chaira, non lonxe da pedra de Xúpiter (IOVI) e das potentes murallas do grande poboado da Idade do Ferro situado entre San Cibrao das Las e Ourantes, puidemos, non sen sorpresa, fotografiar a finais do verán de … Ler máis

XI. Da ribeira do Miño a Lambrica

Táboa 1. O camiño a Lambrica 2. O papel do castro do Coto do Santorcado 3. Fotogalería 4. Bibliografía 1. O camiño a Lambrica Entre a ribeira do Miño, onde está a aldea de Barbantes-Estación, e a citania de Lambrica existen tramos visibles dunha calzada antiga, posiblemente romana, aínda que nada impide que esta ruta … Ler máis

XXI. A Dama de Eiras

Parece que se “conservan” en mans privadas algúns vestixios atopados no Castro de Eiras. A única información á que podemos acceder é a ficha firmada por Nieves Amado Rolán en novembro de 2002, na que se fala de “anacos de cerámica, dous muíños circulares, unha columna e, sobre todo, unha escultura a modo de ídolo … Ler máis

II. De Lansbrica a Lambrica, pasando por Lanobriga

*Lansbrica é un pseudotopónimo inventado pola arqueoloxía ourensá a partir da publicación dun artigo de JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973. Segundo este autor, *Lansbrica era o antigo nome da citania de Lambrica, San Cibrao das Las e Ourantes (Ourense). O invento procede dunha lectura incorrecta, apresurada ou incompleta da ara de Eiras: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIVS RE / BVRRINVS  … Ler máis

IV. O Paleolítico arredor de Lambrica

Táboa 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza 2. Outros achados nas cercanías 3. O Paleolítico en Lámbrica 4. Conclusións 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza No mes de outubro de 2014 foi atopada entre Eiras e Vilarderrei, dúas parroquias colindantes e pertencentes aos concellos de San Amaro e Cenlle … Ler máis

V. Os baeduos e Lambrica

Ptolomeo menciona en Xeografía, II, 6, 26 ao pobo dos baeduos, baedios ou bedyos, citando a súa capital, Flavia Lambris. BRAÑAS ABAD, GONZÁLEZ GARCÍA e PARCERO OUBIÑA, no Apéndice de Los pueblos de la Galicia céltica, afirman (páxina 535) que… “resulta complicado precisar más su ubicación, sobre la que simplemente podemos decir que se trataba de … Ler máis

VI. Frisos castrexos, serpes, relacións e datacións

Unha das facetas máis interesantes da Arqueoloxía e da Historia da Arte é a de buscar paralelismos, similitudes ou copias en todo tipo de artefactos (cerámicas, armas…) e en motivos decorativos ou artísticos, moi especialmente cando son froito de certa elaboración ou complicación. Tal acontece co fragmento de friso en granito atopado en San Cibrao … Ler máis

XIV. O Castelo de Laias, un xacemento prerromano destruído pola autovía

Táboa 1. O Castelo de Laias 2. Lambrica, O Santrocado, A Barca e O Castelo de Laias 3. Laias, Lambrica, a agricultura e a autovía 4. O templo do Castelo de Laias No famoso relato do Cronicón de Hidacio dise que no ano 469 pescáronse no río Miño, a unhas cinco millas do municipio de Lais, catro peixes de … Ler máis

XV. O castro de Ourantes

Na parroquia de Ourantes, e moi cerca da aldea de Rubiás, no concello ourensán de Punxín, a uns 700 metros en liña recta da Citania de Lambrica, atópase un pequeno castro de arredor de 0,56 hectáreas de superficie. Dende a estrada que vai de Barbantes a San Cibrao das Las, que bordea ao castro nunha pronunciada curva, pódese … Ler máis

I. Lambrica, a citania entre San Cibrao das Las e Ourantes

A citania de Lambrica, reconstruída posiblemente entre finais da Idade do Ferro e a época romana, mantén a planificación indíxena e constitúe o paradigma do poboamento que poderiamos chamar protourbano, na denominada época castrexa do noroeste peninsular. Posúe unha chamativa planificación das súas defensas e unha coidada distribución das súas vivendas e obradoiros. Ten forma ovalada, cun recinto … Ler máis

XVII. O cruceiro da Ermida

“Cruceiros hai moitos.Pero aquil cruceiro estaba soio.Estaba no meio duns camiños, alá no monte,indo pra Fareixa. Camiños sen esquerda nin dereita:camiños que se perden na noite”. PERFECTO SULLEIRO. Cruceiro, en A Beira da Vida. Ediciós do Castro. 1988. Destronado nos inventarios da categoría de “cruceiro” porque alguén dixo que os cruceiros tiñan que ter capitel, reivindico dende … Ler máis

IX. López Cuevillas: “La Edad del Hierro en el Noroeste (La Cultura de los Castros)”

Non hai ningunha edición recente deste pequeno libro de Florentino López Cuevillas, escrito cara a 1953. Na anteportada pon “IV Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas y Protohistóricas. Madrid, 1954″. Está escrito en castelán e, ao final do texto, contén resumos en francés, inglés e alemán. Ten 89 páxinas e conta cun anexo de oito páxinas con … Ler máis

XXII. A igrexa de Eiras

A feligresía de Santa Uxía de Eiras, no concello de San Amaro e na antiga xurisdición de Roucos, conserva un templo parroquial feito co decorrer dos tempos no que se adiviñan as máis profundas raiceiras en épocas precristiáns, como testemuñan os perpiaños reticulados reaproveitados nos seus muros, ou os restos de mosaico romano e de tegulae (tellas), tamén romanas, … Ler máis

XII. O anel de Lambrica

Na páxina 13 do Boletín da Real Academia Galega número 169 (A Coruña, 1 de marzo de 1925) aparece unha curiosa ilustración, un debuxo de FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS. O artigo no que se inserta titúlase A citania do monte “A Cidade” en San Ciprián das Las (Concrusión). Ocupa dende a páxina 7 á 13, e nel danse … Ler máis

XIII. O Coto do Santrocado

Táboa 1. O Santo 2. O castro do Coto do Santrocado 3. O aliñamento arqueoastronómico 4. A relación con outros poboamentos antigos arredor do Santrocado “Na ribeira do grande río galego, non lonxe da aldea dos Solovio, a maina curva dun meandro demarca a larganza e fartura da veiga chá, de fondo terrón fillo do … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario