II. De Lansbrica a Lambrica, pasando por Lanobriga

*Lansbrica é un pseudotopónimo inventado pola arqueoloxía ourensá a partir da publicación dun artigo de JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973. Segundo este autor, *Lansbrica era o antigo nome da citania de Lambrica, San Cibrao das Las e Ourantes (Ourense). O invento procede dunha lectura incorrecta, apresurada ou incompleta da ara de Eiras: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIVS RE / BVRRINVS  … Ler máis

XVII. Luís Tizón e a Casa Grande de Eiras

O 24 de agosto de 1920, día de San Bertolameu e festa na parroquia, saía para Cuba un veciño de Eiras, Luís Tizón, que nunca máis voltará á súa aldea. A “Danza dos Millóns” , o éxito de moitos dos que marcharan anteriormente e a miseria que reinaba no país animaron a este veciño da Casa Grande de Eiras … Ler máis

V. Os baeduos e Lambrica

Ptolomeo menciona en Xeografía, II, 6, 26 ao pobo dos baeduos, baedios ou bedyos, citando a súa capital, Flavia Lambris. BRAÑAS ABAD, GONZÁLEZ GARCÍA e PARCERO OUBIÑA, no Apéndice de Los pueblos de la Galicia céltica, afirman (páxina 535) que… “resulta complicado precisar más su ubicación, sobre la que simplemente podemos decir que se trataba de … Ler máis

XIII. O castro de Ourantes

Na parroquia de Ourantes, e moi cerca da aldea de Rubiás, no concello ourensán de Punxín, a uns 700 metros en liña recta da Citania de Lambrica, atópase un pequeno castro de arredor de 0,56 hectáreas de superficie. Dende a estrada que vai de Barbantes a San Cibrao das Las, que bordea ao castro nunha pronunciada curva, pódese … Ler máis

I. Lambrica, a citania entre San Cibrao das Las e Ourantes

A citania de Lambrica, Lámbrica, reconstruída posiblemente entre finais da Idade do Ferro e a época romana, mantén a planificación indíxena e constitúe o paradigma do poboamento que poderiamos chamar protourbano, na denominada época castrexa do noroeste peninsular. Posúe unha chamativa planificación das súas defensas e unha coidada distribución das súas vivendas e obradoiros. Ten forma ovalada, cun … Ler máis

XV. O cruceiro da Ermida

“Cruceiros hai moitos.Pero aquil cruceiro estaba soio.Estaba no meio duns camiños, alá no monte,indo pra Fareixa. Camiños sen esquerda nin dereita:camiños que se perden na noite”. PERFECTO SULLEIRO. Cruceiro, en A Beira da Vida. Ediciós do Castro. 1988. Destronado nos inventarios da categoría de “cruceiro” porque alguén dixo que os cruceiros tiñan que ter capitel, reivindico dende … Ler máis

VIII. López Cuevillas: “La Edad del Hierro en el Noroeste (La Cultura de los Castros)”

Non hai ningunha edición recente deste pequeno libro de Florentino López Cuevillas, escrito cara a 1953. Na anteportada pon “IV Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas y Protohistóricas. Madrid, 1954″. Está escrito en castelán e, ao final do texto, contén resumos en francés, inglés e alemán. Ten 89 páxinas e conta cun anexo de oito páxinas con … Ler máis

XIX. A igrexa de Eiras

A feligresía de Santa Uxía de Eiras, no concello de San Amaro e na antiga xurisdición de Roucos, conserva un templo parroquial feito co decorrer dos tempos no que se adiviñan as máis profundas raiceiras en épocas precristiáns, como testemuñan os perpiaños reticulados reaproveitados nos seus muros, ou os restos de mosaico romano e de tegulae (tellas), tamén romanas, … Ler máis

XI. O castro do Coto do Santrocado

Táboa 1. O Santo 2. O castro do Coto do Santrocado 3. O aliñamento arqueoastronómico 4. A relación con outros poboamentos antigos arredor do Santrocado “Na ribeira do grande río galego, non lonxe da aldea dos Solovio, a maina curva dun meandro demarca a larganza e fartura da veiga chá, de fondo terrón fillo do … Ler máis

XVIII. O cruceiro da Carballa de Eiras

Manuel Arís, un emigrante a Ultramar, filmou entre 1953 e 1958 “Un Viaje por Galicia” , 73 minutos que amosan un recorrido pola Galiza da época e que os emigrados aplaudiron moito. A película foi recuperada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), a quen hai que agradecer a primeira e a terceira imaxes … Ler máis

IX. As primeiras publicacións de Florentino López Cuevillas sobre a citania de San Cibrao das Las

Entre os anos 1921 e 1927 coñecemos varios artigos publicados por Florentino López Cuevillas relativos á citania de Lambrica, entre San Amaro e Punxín, aínda que, por aquelas datas, Cuevillas nin sospeitaba que ese nome figuraba na ara de Eiras. Estas publicacións están relacionadas cos primeiros traballos de prospección que se fixeron no castro das Las e Ourantes … Ler máis

XXII. O atraco da Bouza

O 22 de xullo de 1834, na paraxe da Bouza, veciños da parroquia de Santa Uxía de Eiras, cando ían pras súas labouras diarias, escoitaron voces e viron que intentaban asaltar a un sarxento retirado e á muller de outro militar, que levaban as pagas mensuais pra “oficiales, sarxentos, cabos e soldados daquel Partido”. Os … Ler máis

XXI. A batalla de Rande nos libros parroquiais de Eiras

A batalla de Rande desenvolveuse no estreito do mesmo nome e na enseada de San Simón, na ría de Vigo, en outubro de 1702. Os anglo-holandeses enfrontáronse aos hispano-franceses no contexto da guerra de Sucesión española, na que se dirimía o acceso á vacante do trono deixada pola morte de Carlos II, o Enfeitizado.  O resultado da guerra de … Ler máis

XXIV. Os traballos dos avós

Estas vellas fotografías reflicten algúns momentos dos traballos, e tamén dos descansos, na vida dunha aldea galega a mediados do século pasado. Aínda parece que foi onte, pero os aparellos empregados e as técnicas de traballo non eran moi diferentes aos de épocas prerromanas. A fotografía do encabezado é de Luís González Suárez, entre 1983 … Ler máis

XVI. Bandua de Lambrica na ara de Eiras

Táboa 1. A posible ubicación orixinal da ara de Eiras 2. Bandua e a ara de Eiras segundo Cuevillas 3. Conclusións 1. A posible ubicación orixinal da ara de Eiras Na Ermida, paraxe da parroquia de Santa Uxía de Eiras, un cruceiro marca o lugar onde hai restos dunha mámoa, non lonxe dunha peneda con … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario