Este artigo tamén podería levar por título “O Patrimonio, en boas mans“.
Grazas á protección de institucións, medios de comunicación, concelleiros e xentes importantes da parroquia, o portalón da reitoral de San Cibrao das Las, polo que fose, nunca foi recuperado.
O muro antigo da reitoral foi derrubado completamente entre finais de 2000 e principios de 2001. O patio da reitoral foi reducido e volto a pechar cun muro de pouca calidade e esteticamente inapropiado, pero autorizado polos técnicos e técnicas de Patrimonio.

Desprazado do seu lugar orixinal, que ocupaba o centro da fachada, foi construído de novo con pedras vellas -Deus saberá de onde saíron- un portalón que trata de imitar ao antigo, pero no que faltan as auténticas pezas graníticas que formaban a antiga portada barroca, agora con menos luz que a anterior. Ademais, nin o cubo labrado do remate, nin as almenas, nin a moldura da cornixa, son os orixinais. Unha vez máis, os técnicos e técnicas de Patrimonio autorizaron o engano.
Ao igual que o antigo portalón, nunca máis se soubo da escalinata do adro da igrexa parroquial, famosa por unha tradicional e coñecida romería do San Brais. A escalinata, que delimitaba o espazo sacro do adro, era semicircular e foi substituída por unha rampa -tamén inapropiada- autorizada, unha vez máis, polas técnicas e técnicos de Patrimonio.
Tampouco se lle deu importancia algunha a un lagar de pedra que estaba instalado xusto detras do muro, acollido por unha edificación anexa -tamén derrubada- á que se accedía polo interior do patio da reitoral. Elemento etnográfico irrepetible, que os técnicos e técnicas ignoraron.
Os técnicos e técnicas de Patrimonio, politiquillos locais e demáis personalidades tampouco apreciaron as desfeitas realizadas no adro, incluso removendo tampas, para que chegaran os vehículos a motor á porta da igrexa parroquial, seica unha novidosa ocorrencia dun concellal de cultura.
Amigos todos,

