II. De Lansbrica a Lambrica, pasando por Lanóbriga

*Lansbrica é un pseudotopónimo inventado pola arqueoloxía ourensá a partir da publicación dun artigo de JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973. Segundo este autor, *Lansbrica era o antigo nome da citania de Lambrica, San Cibrao das Las e Ourantes (Ourense). O invento procede dunha lectura incorrecta, apresurada ou incompleta da ara de Eiras: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIVS RE / BVRRINVS  … Ler máis

XVII. Luís Tizón e a Casa Grande de Eiras

O 24 de agosto de 1920, día de San Bertolameu e festa na parroquia, saía para Cuba un veciño de Eiras, Luís Tizón, que nunca máis voltará á súa aldea. A “Danza dos Millóns” , o éxito de moitos dos que marcharan anteriormente e a miseria que reinaba no país animaron a este veciño da Casa Grande de Eiras … Ler máis

IV. O Paleolítico arredor de Lambrica

Táboa 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza 2. Outros achados nas cercanías 3. O Paleolítico en Lámbrica 4. Conclusións 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza No mes de outubro de 2014 foi atopada entre Eiras e Vilarderrei, dúas parroquias colindantes e pertencentes aos concellos de San Amaro e Cenlle … Ler máis

XV. O cruceiro da Ermida

“Cruceiros hai moitos.Pero aquil cruceiro estaba soio.Estaba no meio duns camiños, alá no monte,indo pra Fareixa. Camiños sen esquerda nin dereita:camiños que se perden na noite”. PERFECTO SULLEIRO. Cruceiro, en A Beira da Vida. Ediciós do Castro. 1988. Destronado nos inventarios da categoría de “cruceiro” porque alguén dixo que os cruceiros tiñan que ter capitel, reivindico dende … Ler máis

XIX. A igrexa de Eiras

A feligresía de Santa Uxía de Eiras, no concello de San Amaro e na antiga xurisdición de Roucos, conserva un templo parroquial feito co decorrer dos tempos no que se adiviñan as máis profundas raiceiras en épocas precristiáns, como testemuñan os perpiaños reticulados reaproveitados nos seus muros, ou os restos de mosaico romano e de tegulae (tellas), tamén romanas, … Ler máis

XI. O castro do Coto do Santrocado

Táboa 1. O Santo 2. O castro do Coto do Santrocado 3. O aliñamento arqueoastronómico 4. A relación con outros poboamentos antigos arredor do Santrocado “Na ribeira do grande río galego, non lonxe da aldea dos Solovio, a maina curva dun meandro demarca a larganza e fartura da veiga chá, de fondo terrón fillo do … Ler máis

XVIII. O cruceiro da Carballa de Eiras

Manuel Arís, un emigrante a Ultramar, filmou entre 1953 e 1958 “Un Viaje por Galicia” , 73 minutos que amosan un recorrido pola Galiza da época e que os emigrados aplaudiron moito. A película foi recuperada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), a quen hai que agradecer a primeira e a terceira imaxes … Ler máis

XXII. O atraco da Bouza

O 22 de xullo de 1834, na paraxe da Bouza, veciños da parroquia de Santa Uxía de Eiras, cando ían pras súas labouras diarias, escoitaron voces e viron que intentaban asaltar a un sarxento retirado e á muller de outro militar, que levaban as pagas mensuais pra “oficiales, sarxentos, cabos e soldados daquel Partido”. Os … Ler máis

XIV. Os petroglifos da Ermida

Táboa 1. Os petroglifos da Ermida 2. Pero… Que significado poden ter? 3. A citania de Lámbrica 4. Coincidencias inquietantes 5. Unha proposta de interpretación 6. Epílogo: A peneda roubada Situados no esquecemento, nun monte comunal chamado A Ermida (tamén coñecido como O Couto ou As Múas) na parroquia ourensá de Eiras (concello de San … Ler máis

XXI. A batalla de Rande nos libros parroquiais de Eiras

A batalla de Rande desenvolveuse no estreito do mesmo nome e na enseada de San Simón, na ría de Vigo, en outubro de 1702. Os anglo-holandeses enfrontáronse aos hispano-franceses no contexto da guerra de Sucesión española, na que se dirimía o acceso á vacante do trono deixada pola morte de Carlos II, o Enfeitizado.  O resultado da guerra de … Ler máis

XXIV. Os traballos dos avós

Estas vellas fotografías reflicten algúns momentos dos traballos, e tamén dos descansos, na vida dunha aldea galega a mediados do século pasado. Aínda parece que foi onte, pero os aparellos empregados e as técnicas de traballo non eran moi diferentes aos de épocas prerromanas. As seis primeiras foron feitas na década dos 50 por Luís … Ler máis

XX. Un retablo de Castro Canseco en Eiras

O retablo principal da igrexa de Eiras é obra de Francisco de Castro Canseco, un artista nado en Valderas (León) que traballou en Ourense, Compostela e Tui. Na provincia de Ourense destacan o retablo da capela do Santísimo Cristo na catedral, o retablo maior do mosteiro de San Rosendo de Celanova e outros traballos na propia … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario