II. De Lansbrica a Lambrica, pasando por Lanóbriga

*Lansbrica é un pseudotopónimo inventado pola arqueoloxía ourensá a partir da publicación dun artigo de JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973. Segundo este autor, *Lansbrica era o antigo nome da citania de Lambrica, San Cibrao das Las e Ourantes (Ourense). O invento procede dunha lectura incorrecta, apresurada ou incompleta da ara de Eiras: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIVS RE / BVRRINVS  … Ler máis

IV. O Paleolítico arredor de Lambrica

Táboa 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza 2. Outros achados nas cercanías 3. O Paleolítico en Lámbrica 4. Conclusións 1. Entre a Saínza, o Cotarelo e a Bouza No mes de outubro de 2014 foi atopada entre Eiras e Vilarderrei, dúas parroquias colindantes e pertencentes aos concellos de San Amaro e Cenlle … Ler máis

V. Os baeduos e Lambrica

Ptolomeo menciona en Xeografía, II, 6, 26 ao pobo dos baeduos, baedios ou bedyos, citando a súa capital, Flavia Lambris. BRAÑAS ABAD, GONZÁLEZ GARCÍA e PARCERO OUBIÑA, no Apéndice de Los pueblos de la Galicia céltica, afirman (páxina 535) que… “resulta complicado precisar más su ubicación, sobre la que simplemente podemos decir que se trataba de … Ler máis

VI. Frisos castrexos, serpes, relacións e datacións

Unha das facetas máis interesantes da Arqueoloxía e da Historia da Arte é a de buscar paralelismos, similitudes ou copias en todo tipo de artefactos (cerámicas, armas…) e en motivos decorativos ou artísticos, moi especialmente cando son froito de certa elaboración ou complicación. Tal acontece co fragmento de friso en granito atopado en San Cibrao … Ler máis

XII. O Castelo de Laias, un xacemento prerromano destruído pola autovía

Táboa 1. O Castelo de Laias 2. Lambrica, O Santrocado, A Barca e O Castelo de Laias 3. Laias, Lambrica, a agricultura e a autovía 4. O templo do Castelo de Laias No famoso relato do Cronicón de Hidacio dise que no ano 469 pescáronse no río Miño, a unhas cinco millas do municipio de Lais, catro peixes de … Ler máis

XIII. O castro de Ourantes

Na parroquia de Ourantes, e moi cerca da aldea de Rubiás, no concello ourensán de Punxín, a uns 700 metros en liña recta da Citania de Lambrica, atópase un pequeno castro de arredor de 0,56 hectáreas de superficie. Dende a estrada que vai de Barbantes a San Cibrao das Las, que bordea ao castro nunha pronunciada curva, pódese … Ler máis

X. O anel de Lambrica

Na páxina 13 do Boletín da Real Academia Galega número 169 (A Coruña, 1 de marzo de 1925) aparece unha curiosa ilustración, un debuxo de FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS. O artigo no que se inserta titúlase A citania do monte “A Cidade” en San Ciprián das Las (Concrusión). Ocupa dende a páxina 7 á 13, e nel danse … Ler máis

XI. O castro do Coto do Santrocado

Táboa 1. O Santo 2. O castro do Coto do Santrocado 3. O aliñamento arqueoastronómico 4. A relación con outros poboamentos antigos arredor do Santrocado “Na ribeira do grande río galego, non lonxe da aldea dos Solovio, a maina curva dun meandro demarca a larganza e fartura da veiga chá, de fondo terrón fillo do … Ler máis

VII. O tríscele ou trisquel de Lambrica

Táboa 1. O tríscele 2. Significado 3. Esquema do tríscele de Lambrica 1. O tríscele Esta preciosidade de peza seica formaba parte do sollado dunha construción “angular” do recinto central, na zona máis alta da citania. Foi atopado nas escavacións de X. Lorenzo Fernández en 1948, na citania de San Cibrao das Las e Ourantes, Lambrica. É propiedade … Ler máis

IX. As primeiras publicacións de Florentino López Cuevillas sobre a citania de San Cibrao das Las

Entre os anos 1924 e 1927 publicáronse nese Boletín unha serie de artigos por Florentino López Cuevillas relativos á citania de Lámbrica, o castro das Las, entre San Amaro e Punxín. Todos levan o mesmo título, como se o mesmo Cuevillas se dera conta de que falar das Las non tivera fin: A Citania do monte “A Cidade” en San Ciprián das Las. Do … Ler máis

XIV. Os petroglifos da Ermida

Táboa 1. Os petroglifos da Ermida 2. Pero… Que significado poden ter? 3. A citania de Lámbrica 4. Coincidencias inquietantes 5. Unha proposta de interpretación 6. Epílogo: A peneda roubada Situados no esquecemento, nun monte comunal chamado A Ermida (tamén coñecido como O Couto ou As Múas) na parroquia ourensá de Eiras (concello de San … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario